Documentos de trabajo. Mesas
- A trama rurubana
Este encontro pretende analizar a trama que conforma o diálogo entre o rural e o urbano que se sucede na paixase galega dun xeito tan particular. Ainda que é certo que este fenómeno é o resultado tanto das exixencias da vida contemporánea como da improvisación urbanística, do desenvolvemento dun modelo de economía terciaria coma da marxinación histórica da nosa comunidade, a finalidade deste proxecto non está en deterse nas causas coñecidas desta paisaxe, e moito menos en propoñer solucións “correctoras”. A proposta deste proxecto está polo contrario en entender a verdadeira natureza desta trama, desta paisaxe “incorrecta” composta de vidas e relatos individuais, de movementos de arraigo e desarraigo. Trátase, antes ben, de observar este espacio como un medio onde as pegadas do desenvolvemento e os contrastes entre dous modelos fanse precisamente máis visibles.
Estas investigación estará dirixida a través de mesas de traballo que van ser coordinadas por expertos en tres ámbitos fundamentais para a contextualización do rururbano galego: a xeografía política, a arte e o paixasismo. As persoas que van coordinar este traballo son:
MESA DE XEOGRAFÍA POLÍTICA
María Lois, profesora de Xeografía Política e Social no departamento de Ciencia Política III ( Teorías e Formas Políticas e Xeografía Humana) da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. As súas liñas de investigación son a perspectiva de Lugar, xeogrrafía do nacionalismo, así como os discursos sobre o territorio en procesos de reforma política.
MESA DE PAIXASISMO
Cristina Anllo, Arquitecto-Urbanista e Experta en Planificación e Desenrolo Local. Traballou en Francia para diferentes proxectos de paisaxismo en Europa, EE.UU e China. Actualmente traballa en España incorporando a metodoloxía de traballo do paisaxismo en diferentes proxectos de planificación e ordenación, especialmente na interpretación do territorio galego
MESA DE ARTE
A investigación da trama rururbana completarase coas experiencias dos talleres artísticos deste propio proxecto, explicándose dentro dun marco de investigación. A mesa de arte recollerá estas conclusións así como outras investigacións artísticas que están a aplicar metodoloxías de traballo que inciden nos lugares intermedios entre lugar, autor e espectador.